Noia quere cambio, únete!!

Estimada veciña:

Estimado veciño:

 

Como sabes, o domingo 26 de maio celébranse eleccións municipais. Por este motivo non quería deixar pasar esta ocasión para compartir contigo os motivos que me animaron a presentarme como candidato á Alcaldía de Noiapolo PSdeG-PSOE.

 

Conformamos un renovado grupo de homes e mulleres comprometidos, coma ti, co presente e co futuro da nosa Vila e das xentes que levan a Noia no seu corazón.

 

 

Sergio Campos Nieto - Candidato á Alcaldía de Noia polo PSdeG PSOE

 

 

 

 

Pulsa en la imagen para descargar el programa electoral.

 

 

 

 

 

 

 Somos persoas dotadas de moi diversas sensibilidades pero que compartimos dúas ideas que consideramos fundamentais para achegarse sanamente á actividade política. Unha é a ilusión, tan necesaria neste tempo no que a política está tan desprestixiada. Ilusión  por cumprir con honestidade o labor que se nos confíe polos cidadáns/ás tralas eleccións.

 

A outra é a de non precisar da política para o noso sustento e o das nosas familias. Condición na que quixen poñer especial interese ó confecionar a lista pois estou convencido de que só queda garantida a función de velar obxectivamente polos intereses do conxunto dos NOIESES e NOIESAS, se non se fai da política unha profesión, situación na que sabemos adoita prevaler o interese particular de continuar nela a toda costa, pase o que pase, acudindo ó engano, se fora preciso.

 

Con estas premisas, adquirimos cos nosos vecinos e veciñas o compromiso de levar a cabo una nova maneira de facer política. Un novo tempo para unha nova Noia.  Xestionándose con  maior transparencia, rigor e responsablidade os intereses de todos e todas, co obxectivo de que Noia volva a ocupar o lugar que lle corresponde pola súa HISTORIA e que nunca debeu abandonar. Para que os nosos fillos e netos, cando lles chegue a hora de formar a súa familia, non teñan que deixar por falta de oportunidades laborais a fermosa Vila que os veu nacer. Situación que, dende xa hai demasiados anos, sabemos que está a acontecer e que todos observamos con profunda tristura e desesperanza.  

 

Atopámonos nun momento trascendental no futuro do noso pobo, no que só hai dúas opcións. Ou ben continuamos co menudeo político cativo e de regate curto ó que nos teñen afeitos os actuais responsables municipais do goberno bipartito conformado trala moción de censura (PP + Noieses Indepedientes Agrupados) que nos leva á progresiva perda de poboación e ó deterioro da imaxe, dinamismo social e esmorecemento dos nosos sectores produtivos. Ou sexa, á unha decadencia que todos palpamos día a día nas rúas, nos comercios, etc…, ou ben cambiamos cara unha forma nova de facer política na que os NOIESES e as NOIESAS sexan os exclusivos protagonistas do seu propio futuro.

 

 Nas nosas mans está conseguilo. Temos que estar unidos entorno ás nosas posibilidades de mellorar como pobo, posibilidades que son moitas máis das que nos imaxinamos, pola estratéxica situación xeográfica da que disfrutamos e da inmensa riqueza da nosa cultura, patrimonio, e mesmo da nosa particular forma de sentírmonos noieses.

 

Para facer isto realidade, convócovos á tarefa máis importante das nosas vidas. Sexamos quen de remontar a actual situación da que a ningún político lle oiredes  falar (pero que todos sabemos que existe) e deamos un salto cualitativo e cuantitativo para legarlles as novas xeracións, cando menos, a Noia que os nosos maiores nos deixaron a nós.

 

 

O vindeiro 26 de maio, con humildade, respeto e sendo plenamente consciente da seriedade do compromiso que públicamente adquiro, pido a túa confianza para liderar este proxecto, convencido de que todas as boas cousas que os Noieses fixemos áo longo da nosa historia tivéronse antes que soñar. Soñemos pois unha nova Noia. Entre todos seremos capaces de facelo.  

 

 

 

 

Sergio Campos Nieto

Candidato á alcaldía de Noia polo PSdeG-PSOE



                                                                                                                                                                                                                                                                                   
Subir